Saltar ao contido

Aliona Lanskaja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAliona Lanskaja

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Mahilioŭ, Belarús Editar o valor en Wikidata
EducaciónBelarusian-Russian University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de maio de 2013Festival de Eurovisión 2013 (16ª) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm5405835 Facebook: Alyona.Lanskaya.Singer Twitter: AlyonaLanskaya Instagram: lanskayaalyonaofficial VK: eurovisionbelarus Souncloud: escbelarus Spotify: 47YQZyZttBrAasYQfkWDVd Last fm: Alyona+Lanskaya Musicbrainz: 36f40c95-3253-40af-8de1-7e408e0a0347 Discogs: 3267867 Allmusic: mn0003109398 Deezer: 5334131 Genius: Alyona-lanskaya Editar o valor en Wikidata

Aliona Lanskaja (en belaruso: Алёна Ланская), nada o 7 de setembro de 1985 en Mahilioŭ (Rexión de Mahilioŭ, Belarús), é unha cantante belarusa, gañadora do concurso "Slavianski Bazaar" in Viciebsk[1] e coñecida internacionalmente por representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.

Eurofest 2012

[editar | editar a fonte]

Logo de avanzar na semifinal do 21 de decembro de 2011, cualificou para unha das finais do Eurofest 2012. O 14 de febreiro de 2012, obtivo a honra de representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2012, en Bakú coa canción "All My Life".[2] Pero, o 24 de febreiro, anunciouse que Lanskaja estaba descualificada despois dunha investigación conducida por Aliaksandr Lukašenka pola súa "inxusta" vitoria no Eurofest, logo da cal circularon rumores de que os seus produtores manipularan o televoto dándolle 12 puntos e a vitoria. En resposta, Lukašenka ordenou unha inmediata investigación que logo confirmou os rumores. Foi substituída pola banda Litesound, que obtivera o segundo lugar.[3]

Eurofest 2013

[editar | editar a fonte]

Logo da súa descualificación en 2012, Aliona intentou outra vez representar a Belarús en 2013 coa canción "Rhythm of love". O 7 de decembro de 2012, Lanskaja volveu gañar a final nacional, obtendo os 12 puntos do público e xurado polo que obtivo o dereito a representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia. Tras gañar o Eurofest, decidiu cambiar a canción con acudiríaa a Eurovisión por "Solayoh", escrita por Mark Paelinck.

Festival de Eurovisión 2013

[editar | editar a fonte]

No festival celebrado en Malmö, a Lanskaja correspondeulle por sorteo actuar na primeira semifinal, onde obtivo o pase á final co sétimo posto. Na final celebrada o 18 de maio, Lanskaja finalizou en 16º lugar.[4]

  1. Наважылава, Вольга (2011). "Як «саламяная дзяўчынка» стала «белай ластаўкай»" (PDF). Бярозка (en belaruso) (6 (1000)): 57–61. ISSN 0320-7579. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  2. "Alyona Lanskaya to represent Belarus". 25 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013. 
  3. "Litesound as new Belarusian representative in Baku". 24 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013. 
  4. "Eurovision Song Contest 2013 Grand Final". eurovision.tv. Consultado o 20 de agosto de 2013.