Aeroporto de León
Aeroporto de León Aeropuerto de León
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | León | ||
Localización | San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen | ||
Elevación (msnm) | 185 metros / 606 pés | ||
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 36 554 | ||
Operacións | 1 814 |
O Aeroporto de León é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado entre os concellos de San Andrés del Rabanedo e Valverde de la Virgen, 6 km ao oeste da cidade de León. É o aeroporto situado a máis altitude na Península Ibérica (916,3 msnm).
En 2007 rexistrou o seu récord con 161 705 pasaxeiros e 7 328 operacións. Nos últimos anos as súas conexións víronse reducidas e en 2016 só rexistrou 1 814 operacións, cun total de 36 554 pasaxeiros.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe do aeroporto de León remóntase a 1920, cando mediante disposición ministerial aparece o futuro Aeródromo Militar de León. Non é ata 1924 cando comezan as obras co obxectivo de crear un aeroporto de escala para as aeronaves da ruta aérea Asturias-Madrid. En 1929 o aeroporto habilítase de forma provisional para prestar os seus primeiros servizos de navegación aérea comercial.
Esa primeira base aérea situábase aproximadamente no mesmo lugar que a actual: un páramo dende o que se divisa a capital leonesa, rodeado de terras de labranza a día de hoxe abandonadas. As obras de acondicionamento anteriormente descritas dotaron ao aeropuerto de catro hangares para o almacenamento e reparación de aeronaves, así como os servizos básicos de combustible, auga e teléfono. Unha manga de vento, un sinal no centro do campo e diversas axudas á navegación constituían o resto do complexo que por aquel entón era a sede do grupo 21 de recoñecemento da Escuadra número 1 do Parque Rexional do Noroeste.
Durante a guerra civil española o aeródromo de León converteuse en sede de numerosas unidades aéreas, o que sería clave para entender a súa historia, xa que tras a guerra foi catalogado dentro da “Clase A”, permitindo isto o seu crecemento durante a década dos 40. Neses anos realizáronse importantes melloras técnicas no aeródromo, como a colocación de balizamento nocturno, un radiogoniómetro e a implantación de instalacións de radio.
É nesa época cando se decide crear a Academia da Aviación, da cal saíron as primeiros promocións da Academia Xeral do Aire. Tras uns primeiros anos de funcionamento a Academia foi substituída pola Escola de aprendices, á que se lle uniu a de Especialistas do Exército do Aire, actual Academia Básica do Aire.
Apertura ao tráfico civil
[editar | editar a fonte]En 1946 unha orde ministerial o aeródromo convértese na base aérea aberta ao tráfico civil Virgen del Camino (León). Nese momento disponse dun campo de voo cunha pista de aterraxe. As servidumes aeronáuticas publicáronse en 1967 e non se modificarían ata 1988. NO ano 1990 as administracións local e autonómica decidiron promover a consolidación dunha infraestrutura aeroportuaria moderna coa vista posta na futura explotación comercial do aeroporto. A Deputación Provincial solicitou ao Ministerio de Defensa a localización de instalacións civís dentro dos terreos do aeródromo, aceptándose dita solicitude en 1991.
Inicio das operacións comerciais
[editar | editar a fonte]En 1994 comezou a historia da actividade comercial do aeroporto. Na primeira fase do aeroporto civil dotou ás instalacións dunha pista de voo, unha rúa de enlace e un estacionamento, que serían inaugurados en xullo de 1995. Dous anos despois iniciáronse as obras da segunda fase na cal se construíu unha terminal e un edificio de servizos. As obras remataron en xaneiro de 1999 O 2 de xuño dese mesmo ano un avión de Iberia con destino a Barcelona inaugurou oficialmente o aeroporto de León. Dende entón esta aeroliña, baixo o nome da súa filial Air Nostrum, seguiu mantendo voos regulares a Madrid e Barcelona.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Iberia operado por Air Nostrum |
Barcelona |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Nova terminal
-
Antiga terminal
-
Interior