Adagio (música)
Adagio (do italiano) é un termo musical que pode facer referencia a unha indicación de tempo, ou ben a un movemento dunha peza musical que significa amodo.
Como indicación de tempo xeralmente vai acompañada dunha indicación metronómica:
- en partituras antigas: 54 negras por minuto,
- nos metrónomos electrónicos: 56 a 78 negras por minuto, e
- en partituras actuais: 60 a 72 negras por minuto.
- en partituras clásicas significa con gusto.
Normalmente, a súa denominación apórtaa o compositor, xa sexa de 54 negras por minuto ou 78. O tempo adagio é máis lento ca o andante (72 negras por minuto) e máis rápido co largo (40 negras por minuto), o grave e o larghetto.
Por extensión, un adagio é unha peza musical cuxo tempo é lento. Xeralmente chámase así ao segundo ou terceiro movemento dunha sinfonía ou un concerto. Como movemento, a súa duración varía segundo as épocas. No Renacemento, duraba apenas tres ou catro minutos, pero xa no Barroco e no Clasicismo, duraba unha media de 7 ou 8 minutos. No Romanticismo, a duración duplícase, ao menos 15 minutos, pero na música moderna volve a decaer a unha media de 7 ou 8 minutos.