A Nanny
A Nanny | |
---|---|
7 East 75th Street, servía de exterior para "A Nanny". | |
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Fran Drescher Peter Marc Jacobson |
Desenvolvido por | Prudence Fraser Robert Sternin |
Intérpretes | Fran Drescher Charles Shaughnessy Daniel Davis Lauren Lane Nicholle Tom Benjamin Salisbury Madeline Zima Renée Taylor Ann Guilbert Rachel Chagall |
Tema de apertura | "The Nanny Named Fran", escrito e interpretado por Ann Hampton Callaway (episodio piloto: "If My Friends Could See Me Now" de Gwen Verdon) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 146 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Robert Sternin Prudence Fraser (tempadas 1–4) Peter Marc Jacobson (tempadas 2–6) Fran Drescher (tempadas 4-6) Diane Wilk (temapadas 5–6) Frank Lombardi Caryn Lucas (os dous na tempada 6) |
Localización(s) | Nova York |
Cámara | Multicámara |
Duración | 22 - 24 minutos por episodio |
Distribuidor | TriStar Television (1994–1999) Columbia TriStar Television (1997–2002; sindicación) Sony Pictures Television (2002–presente, só redifusións) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Formato de imaxe | 480i 4:3 (SDTV) 720p 1.33 : 1 (HDTV) |
Primeiro episodio | 3 de novembro de 1993 |
Derradeiro episodio | 23 de xuño de 1999 |
Na rede | |
https://www.thenannytv.com | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Nanny (en inglés: The Nanny) é unha comedia de situación estadounidense emitida orixinalmente pola CBS de 1993 a 1999. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia a partir de 1995.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A serie coproducírona Sternin & Fraser Ink, Inc. e Highschool Sweethearts en colaboración con TriStar Television para a CBS protagonizada por Fran Drescher como Fran Fine, unha cativadora e simpática xudía de Queens que se convertía por casualidade na aia, nanny en inglés, dos tres fillos de Maxwell Sheffield, un produtor teatral viúvo, membro da clase alta de Nova York.
Moita da inspiración da serie procede da vida persoal da súa creadora, Fran Drescher, e presenta nomes e trazos baseados nos seus familiares e amigos. A serie gañou unha Rose d'Or e un Emmy. Desde comezo da década do 2000 fixéronse algunhas adaptacións noutros países baseadas nos guións orixinais da serie.
Elenco e dobraxe
[editar | editar a fonte]Personaxe | Interpretado por | Dobrado por |
---|---|---|
Fran Fine | Fran Drescher | Ana Lemos |
Maxwell Sheffield | Charles Shaughnessy | Antón Rubal |
Niles | Daniel Davis | Xoán Carballido |
C. C. Babcock | Lauren Lane | Sonia Castelo Ana Santos (Substitución) |
Margaret Sheffield | Nicholle Tom | ? Isabel Vallejo (Substitución) |
Brighton Sheffield | Benjamin Salisbury | Teresa Santamaría Nacho Castaño (Substitución) |
Grace Sheffield | Madeline Zima | Xulia Diz Ana Ouro (Substitución) |
Sylvia Fine | Renée Taylor | Amelia Rodríguez |
Yetta Rosenberg | Ann Morgan Guilbert | Fely Manzano |
Val Toriello | Rachel Chagall | Alicia Taboada |