AEK B.C.
AEK B.C. | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Athlitiki Enosis Constantinoupoleos |
Liga | A1 Ethniki / BCL |
Fundación | 1924 |
Cores | Dourado, negro |
Presidente | Makis Angelopoulos |
Adestrador | Dragan Šakota |
Localización | |
Cidade | Atenas, Grecia |
Pavillón | OAKA Indoor Hall |
Capacidade | 18.500 |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
C. Saporta | 2 (1968, 2000) |
BCL | 1 (2018) |
Liga | 8 (1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 2002) |
Copa | 4 (1981, 2000–2001, 2018) |
aekbc.gr |
O A.E.K. Basketball Club (en grego: Αθλητική Ένωσις Κωνσταντινουπόλεως, literalmente: Unión de Atletas de Constantinopla) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva AEK Atenas con base en Atenas, Grecia. Actualmente compite na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego, e na Eurocup. Foi fundado en 1924 por refuxiados gregos que fuxiron de Constantinopla (hoxe Istambul), trala Guerra Greco-Turca (1919-1922). Hoxe é un dos clubs helenos máis populares de Grecia, contando con numerosos seareiros en Grecia e Chipre, así como nas comunidades da diáspora grega en todo o mundo, principalmente en Australia, o Reino Unido e os Estados Unidos.
O AEK foi o primeiro equipo da historia do baloncesto grego, non só en chegar a unha final da Euroliga, senón tamén en gañar un título europeo. O 4 de abril de 1969, o AEK venceu ao Slavia Praha por 89-82 en Atenas, nun encontro celebrado ante 80.000 espectadores. Na súa historia o equipo gañou até en oito ocasións a liga grega, tres veces a copa, dúas veces a Copa Saporta (antiga Recopa de Europa) e unha Champions League. O AEK xoga os seus partidos como local no OAKA Indoor Hall, un pavillón con capacidade para 18.500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo de baloncesto do AEK é unha das seccións máis exitosas da sociedade polideportiva AEK Atenas. A razón é que foi o primeiro en gañar unha competición a nivel internacional. Nada máis formarse o equipo, en 1924, gañaron un torneo organizado ese ano pola YMCA. É un dos únicos tres equipos (os outros dous son o Panathinaikos BC e o Aris Tesalónica que levan competindo ininterrompidamente na Primeira División grega (denominada dende 1986 A1 Ethniki) dende a tempada 1963-64.
O AEK foi o primeiro equipo grego en participar na Final Four da Copa de Europa, hoxe en día denominada Euroliga, en 1966, nunha edición que se celebrou en Boloña. Dous anos máis tarde, en 1968, foi tamén o primeiro equiopo do seu país en gañar un título continental, ao derrotar ao Slavia Praga por 89-82 na final da Recopa de Europa. Foi considerado o equipo da década dos '60, tras gañar catro títulos nacionais consecutivos, en 1963, 1964, 1965 e 1966, ademais dos acadados en 1968 e 1970.
Títulos
[editar | editar a fonte]Competicións europeas
[editar | editar a fonte]- Euroliga
- Subcampións (1): 1998
- Recopa de Europa / Copa Saporta
- Campións (2): 1968, 2000
- Champions League
- Campións (1): 2018
Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Liga de Grecia
- Campións (8): 1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 2002
- Subcampións (8): 1955, 1967, 1969, 1971, 1974, 1997, 2003, 2005
- Copa de Grecia
- Campións (4): 1980-81, 1999-00, 2000–01, 2017−18
- Subcampións (7): 1976, 1978, 1980, 1988, 1992, 1998, 1999
- Campionato de Atenas-Pireo
- Campións (4): 1924, 1928, 1960, 1961
- Segunda División de Grecia
- Campións (1): 2014
Xogadores
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados do AEK B.C. | |||||
Nº | Nac. | Xogador | Posición | Período | Ano da retirada |
6 | Georgios Trontzos | P | 1963–1980 | 2016 | |
10 | Georgios Amerikanos | E | 1959–1975 | 2015 |
Destacados
[editar | editar a fonte]-
Jake Tsakalidis -
Claudio Coldebella -
Martin Müürsepp -
İbrahim Kutluay -
Pero Antić -
Dimos Dikoudis -
Nikos Zisis -
Pops Mensah-Bonsu
- Georgios Amerikanos
- Panagiotis Aridas
- Giorgos Agiasotellis
- Nikos Apostolidis
- Panagiotis Barlas
- Ioannis Bourousis
- Nikos Barlos
- Nikos Chatzis
- Vangelis Dermanoutsos
- Dimos Dikoudis
- Periklis Dorkofikis
- Dimitris Despos
- Antonis Christeas
- Alexis Falekas
- Vangelis Fotsis
- Nasos Galakteros
- Ioannis Gagaloudis
- Andreas Glyniadakis
- Michalis Giannouzakos
- Minas Gekos
- Vassilis Goumas
- Alexis Giannopoulos
- Konstantinos Karamanlis
- Angelos Koronios
- Akis Kallinikidis
- Michalis Kakiouzis
- Vassilis Kikilias
- Fotis Katsikaris
- Apostolos Kontos
- Nestoras Kommatos
- Giannis Kakiouzis
- Christos Kountourakis
- Giannis Kalampokis
- Alexis Kyritsis
- Vassilis Lanes
- Eas Larentzakis
- Antonis Mantzaris
- Loukas Mavrokefalidis
- Georgios Moschos
- Nikos Nesiadis
- Dimitris Podaras
- Nikos Papanikolopoulos
- Michalis Polytarchou
- Pantelis Papaioakeim
- Dimitris Papanikolaou
- Spyros Panteliadis
- Kostas Patavoukas
- Michalis Pelekanos
- Vangelis Sklavos
- Thanasis Skourtopoulos
- Ioannis Sioutis
- Pavlos Stamelos
- Georgios Trontzos
- Georgios Tsiaras
- Lakis Tsavas
- Christos Tapoutos
- Stelios Vasileiadis
- Fotis Vasilopoulos
- Nikos Zisis
- Christos Zoupas
- Pete Papachronis
- Dušan Šakota
- Jake Tsakalidis
- Roderick Blakney
- Taurean Green
- Kurt Rambis
- Scottie Wilbekin
- Victor Alexander
- Willie Anderson
- Joe Arlauckas
- William Avery
- Toby Bailey
- Rolando Blackman
- Anthony Bowie
- Chris Carr
- Lionel Chalmers
- Dionte Christmas
- D. J. Cooper
- Joe Crispin
- Lloyd Daniels
- Bill Edwards
- Malik Hairston
- Jack Haley
- Derrick Hamilton
- Manny Harris
- Kyle Hill
- J. R. Holden
- Horace Jenkins
- Marcus Liberty
- Quadre Lollis
- Ruben Patterson
- Anthony Pelle
- Ricky Pierce
- Clint Richardson
- Rod Sellers
- Brent Scott
- Terence Stansbury
- Dean Tolson
- Danny Vranes
- K'zell Wesson
- Tony White
- Carl English
- Ramón Rivas
- Ivo Petović
- Bane Prelević
- Milan Gurović
- Mirko Milićević
- Arijan Komazec
- Davor Kus
- Sandro Nicević
- Slaven Rimac
- Roko Ukić
- Tomas Delininkaitis
- Pero Antić
- Vrbica Stefanov
- Blagota Sekulić
- Saša Vasiljević
- Stefano Attruia
- Roberto Chiacig
- Claudio Coldebella
- Michael Andersen
- Michael Larsen
- Andrew Betts
- Steve Hansell
- Pops Mensah-Bonsu
- Martin Müürsepp
- Jim Bilba
- Geert Hammink
- José Lasa
- İbrahim Kutluay
- Dror Hajaj
- John Rillie
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AEK B.C. |