Eleni Foureira
(2018) | |
Nome orixinal | (sq) Entela Fureraj |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de marzo de 1987 (37 anos) Fier, Albania |
Residencia | Atenas |
Actividade | |
Ocupación | cantante, bailarina |
Período de actividade | 2007 - |
Xénero artístico | Electropop e música pop |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Minos EMI Panik Records (en) |
Participou en | |
maio de 2018 | Festival de Eurovisión 2018 (2ª) |
Familia | |
Parella | Alberto Botía (2017–) |
Sitio web | elenifoureira.gr |
Eléni Fouréira (en grego: Ελένη Φουρέιρα), nada o 7 de marzo de 1987 en Albania, é unha cantante e deseñadora de moda grega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inmigrante ós dez anos cos seus pais ó barrio ateniense de Kallitheia debido ás revoltas en Albania en 1997, Foureira interesouse no mundo da moda antes de comezar a súa carreira coma cantante, posto que dende pequena tiña como influencia a súa nai que traballaba nesa profesión. Porén, dende nova, comezou a tocar a guitarra e estivo tres anos nun grupo teatral. Anteriormente formaba parte dun grupo chamado "Mystique", antes de lanzar a súa carreira en solitario.[1]
Na final do Festival de Eurovisión 2010, ficou en segundo lugar con Manos e Giannis Pirovolakis, por detrás de OPA!, por Giorgos Alkaios & Friends.[2] Ela cantou Wild Dances coa Ruslana na final nacional grega do Festival de Eurovisión 2013 en Grecia. Eléni Fouréira na actualidade reside en Grecia.
No ano 2010 os medios de comunicación gregos descubriron que as súas orixes e a súa nacionalidade, eran albanesas, xa que a raíz da participación no Festival da Canción 2010, solicitaba ás autoridades gregas a cidadanía, non houbo finalmente unha confirmación final ou negación por parte da cantante.
Descubriuse que o seu nome e apelidos orixinais albaneses son "Entela Fureraj" e que as súas orixes en Albania remontan á unha cidade do sueste do país chamada Fier.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Eléni Fouréira (2010) - (Ελένη Φουρέιρα, 2010)
- Ti Poniro Mou Zitas (2012) - (Τι Πονηρό Μου Ζητάς, 2012)
Despois de que o grupo se separara, Eléni Fouréira lanzou o seu propio álbum en 2011, cos éxitos de "Mia Nyxta Mono" (One Night Only) e "Chica bomb" con Dan Mihai Bălan. Foi platino en Grecia aos dous meses. O seu segundo álbum lanzado en 2012 foi chamado "Ti Poniro Mou Zitas", como tamén o sinxelo álbum "Reggaeton".
Primeiras aparacións
[editar | editar a fonte]En maio de 2010, Eleni Foureira cantou a versión grega da canción "Chica Bomb" en colaboración co cantante moldovo Dan Mihai Bălan nos Mad Video Music Awards. En novembro, participou no programa de televisión “Just the 2 of us”, xunto con Panagiotis Petrakis no que gañou.[4]
En maio de 2011 a cantante apareceu nos Mad Vídeo Music Awards onde presentou a versión grega da canción "Play with me". Ademais, gañou dous premios como a Mellor Artista Revelación e o mellor Videoclip Sexy do ano.[5]
En febreiro de 2012, apareceu no segundo festival de moda grega organizado polo canle de televisión musical chamado MAD TV. En dito festival, chamado "MadWalk-The Fashion Music Project", foi onde cantou os temas "Get The Party Started" e "All I need", en colaboración con Claydee.[6] En xuño de 2012 participou nos Mad Video Music Awards, onde cantou a canción "Fotiá" con NEVMA. Ela foi nomeada a catro premios, e finalmente, gañou dous premios de Mellor Videoclip Pop e ao Mellor Videoclip Sexy do Ano.[7]
En abril de 2013 apareceu de novo no festival MadWalk onde interpretou a "Toxic" de Britney Spears e “To deserve you” de Betty Middler. Tamén pertence ao equipo "Arouri".[8]
En xuño do mesmo ano, apareceu nos Mad Video Music Awards 2013, onde cantou a súa nova canción "Rantevou stin paralia". Ademais, colaborou co cantante Pantelis Pantelides e Stan. Durante a mesma entrega de premios do festival foi nomeada en catro categorías e, finalmente, gañou o premio Fashion Icon Award polos seus vídeoclips.[9]
Vídeos musicais
[editar | editar a fonte]ano | título |
---|---|
2010 | Το 'Χω (Pom Pom) |
2011 | Άσε Με |
Μια Νύχτα Μόνο (Θηρίο e Eleni Foureira) | |
2012 | Reggaeton |
Το Party Δε Σταματά (Μηδενιστής e Eleni Foureira) | |
Στου Έρωτα Την Τρέλα | |
2013 | Πιο Έρωτας Πεθαίνεις |
Sweetest Love | |
2014 | Άνεμος Αγάπης |
Party Sleep Repeat (PSR) |
Mad Video Music Awards
[editar | editar a fonte]ano | título |
---|---|
2010 | Chica Bomb (Mad Awards Edit) (Dan Balan e Eleni Foureira) |
2011 | Παίξε Μαζί Μου (Fun) (Eleni Foureira con Ciprian Rodu) |
2012 | Φωτιά - Lunatic Mix (Eleni Foureira con NEBMA) |
2013 | Ραντεβού Στην Παραλία - Conga (Eleni Foureira con Marios Brazil) |
Δεν Ταιριάζετε Σου Λέω (Παντελής Παντελίδης, Stan e Eleni Foureira) |
Aparicións nas canles de televisión gregas
[editar | editar a fonte]2010 | Ελληνικός τελικός Eurovision | ΝΕΤ | Η Ίδια | concursante gañadora en 2ª posición |
Mad Video Music Awards | ALPHA | Η Ίδια | actuación | |
2010 - 2011 | Just The 2 Of Us | MEGA | Η Ίδια | concursante gañadora en 1ª posición |
2011 | Mad Video Music Awards | ALPHA | Η Ίδια | actuación |
2012 | MadWalk - The Fashion Music Project | ANT1 | Η Ίδια | actuación |
Mad Video Music Awards | ANT1 | Η Ίδια | actuación | |
2013 | Δέστε Τους | ALPHA | Η Ίδια | convidada especial |
Eurosong 2013 - A Mad Show | ΕΤ1 | Η Ίδια | convidada especial | |
MadWalk - The Fashion Music Project | ANT1 | Η Ίδια | actuación | |
Mad Video Music Awards | ANT1 | Η Ίδια | actuación | |
2014 | Mad Video Music Awards | ANT1 | Η Ίδια | actuación |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biography dende PameBouzoukia.gr, 15 de xuño de 2013.
- ↑ Biography Section Arquivado 08 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. dende Blog.EleniFoureira.gr, 15 de xuño de 2013.
- ↑ Attack Against Eleni Foureira
- ↑ Eleni Foureira wons at the "Just the two of us" Arquivado 19 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. www.aggelioforos.gr, 30 de xullo de 2013.
- ↑ Eleni Foureira Style www.stylemio.com, 30 de xullo de 2013.
- ↑ MadWalk 2012 - The duets www.yupiii.gr, 29 de xullo de 2013.
- ↑ The winners of the Mad Video Awards 2012 Arquivado 12 de marzo de 2014 en Wayback Machine. www.star.gr, 30 de xullo de 2013.
- ↑ Eleni Foureira on MadWalk 2013 Arquivado 19 de maio de 2014 en Wayback Machine. www.tlife.gr, 30 de xullo de 2013.
- ↑ Eleni Foureira - The new Icon[Ligazón morta] www.greecejoy.com, 30 de xullo de 2013.