Saltar ao contido

Bomb City

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bomb City
Ficha técnica
Título orixinalBomb City
DirectorJameson Brooks
Produtor
Guión
Intérpretes
Música
FotografíaJake Wilganowski
Montaxe
  • Jameson Brooks
Estudio
DistribuidoraGravitas Ventures[1]
Estrea31 de marzo de 2017 no Dallas International Film Festival 9 de febreiro de 2018 en Hollywood
Duración99 minutos
OrixeEstados Unido
Recadación$59,329[2]
Na rede
IMDB: tt4351548 Filmaffinity: 714641 Rottentomatoes: m/bomb_city Mojo: bombcity Editar o valor en Wikidata

Bomb City é un filme americano de 2017 dirixido por Jameson Brooks e co-escrito por Jameson Brooks e Sheldon R. Chick. O filme baséase na morte de Brian Deneke, un homicidio que revelou o enfrontamento cultural existente entre os estadounidense locais e a comunidade punk de Amarillo, Texas, e o resultado do subseguinte xuízo que expón un debate sobre a xustiza no sistema xudicial americano. O título do filme fai referencia a un dos alcumes da cidade de Amarillo, polas súas instalacións de armas nucleares.[3]

Brian é un adolescente de Amarillo, Texas, seguidor da música punk. Na cidade, sendo conservadora, alberga moitos mozos que asisten a concertos de punk, enfrontándose habitualmente cos mozos dun equipo de fútbol do instituto local: The Tascosa rebels. Os dous grupos acaban leando nun aparcadoiro unha noite, acabando na morte de Brian Deneke atropelado por un coche. Mentres tanto vaise vendo o xuízo, e mostrando o veredicto final de non culpábel.[4]

  • Dave Davis como Brian[5]
  • Glenn Morshower como Cameron Wilson[6]
  • Logan Huffman como Ricky[4]
  • Lorelei Linklater como Rome
  • Maemae Renfrow como Jade
  • Dominic Ryan Gabriel como Jason[7]
  • Henry Knotts como King
  • Eddie Hassell como Oles
  • Luke Shelton como Cody Cates

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme era o primeiro filme dirixido por Jameson Brooks. Brooks escribiu o guión cun amigo oriundo de Amarillo, Sheldon Chick, e Chick produciu o filme con Major Dodge.[3][8] As escenas para o filme foron rodadas en Dallas, Amarillo, Rockwall e Denton, Texas. A fotografía foi dirixida por Jake Wilganowski.[3]

Bomb City foi vista por primeira vez no Festival de Cine Internacional de Dallas a pincipios de 2017. O filme foi visto de novo o 23 de xaneiro de 2018 no Centro Globe-News de Artes de Amarillo.[8] Despois de exposión, o filme entón expúxose en 17 cidades.[3]

O filme foi lanzado dixitalmente o 9 de febreiro de 2018. O DVD e Blu-Ray é do 12 de abril de 2018.[3]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Na páxina de Rotten Tomatoes, o filme tiña un índice de aprobación do 75% baseado en doce opinións, cunha nota media de 6.1/10.[9] En Metacritic, o filme tiña unha puntuación media de 65 sobre 100, baseada en cinco críticas, describindo "xeralmente opinións favorábeis".[10]

  1. "Bomb City". Box Office Mojo. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  2. "Bomb City (2018) - Box Office Mojo". 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Anarchy in Amarillo: 'Bomb City' revisits the punks vs. jocks feud". 1 de febreiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Bomb City". 9 de febreiro de 2018. 
  5. "Film Review: 'Bomb City'". o de febreiro de 2018. 
  6. "What the Killing of a Punk in Texas Says About America". 13 de decembro de 2017. 
  7. "'Bomb City': Film Review". 8 de febreiro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 "Bomb City Retells the Tensions Behind the Killing of a Texas Punk". 9 de febreiro de 2018. 
  9. "BOMB CITY". 
  10. "Bomb City". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]