Saltar ao contido

San Andrés y Sauces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSan Andrés y Sauces
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°48′16″N 17°46′27″O / 28.80446689, -17.77416798
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.219 (2023) Editar o valor en Wikidata (98,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie42,75 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude260 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Javier Paz Exposito (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal38720 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE38033 Editar o valor en Wikidata

Sitio websanandresysauces.es Editar o valor en Wikidata

San Andrés y Sauces é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordés da illa canaria de La Palma.

Ten unha extensión de 42,75 km² e unha poboación de 4.860 habitantes (INE, 2011). A altitude do centro do municipio (Los Sauces) é de 250 metros sobre o nivel do mar.

San Andrés

Durante algún tempo foron dous pobos separados, San Andrés na costa e Los Sauces nas medianías. Tras a crise da cana de azucre iniciouse o declive de ambos o que produciu que finalmente se unisen. Debido a ser lugar de paso da estrada do norte, Los Sauces creceu en poboación mentres que San Andrés estancouse.

O municipio destaca pola súa masa boscosa de laurisilva, os seus profundos barrancos, os seus bancais e cultivos de plátanos. Algúns lugares de interese son o barranco e bosque de Los Tilos, Los Nacientes de Marcos e Cordero, El Molino El Regente, El Charco Azul (piscinas naturais), El Puerto Espíndola, Igrexa de San Andrés, así como os núcleos de poboación, onde atopamos boas mostras de arquitectura tradicional.

A economía vira en torno ao plátano principalmente, sendo o único outro cultivo de importancia a cana de azucre, que se usa na única destilería da illa para fabricar o Ron Aldea. Outro cultivo minoritario é o iñame, que se cultiva nas ladeiras húmidas encharcadas dos barrancos. Os sauceros son coñecidos na Palma como "Ñameros".

Na costa atópase Puerto Espíndola, un pequeno porto pesqueiro que anteriormente foi a principal vía de comunicación do municipio, antes de que se construíse no século XX a estrada.

Na costa atópanse tamén as piscinas naturais do Charco Azul, pequeno centro turístico do municipio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]