Aliona Lanskaja
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1985 (39 anos) Mahilioŭ, Belarús |
Educación | Belarusian-Russian University (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
18 de maio de 2013 | Festival de Eurovisión 2013 (16ª) |
Premios | |
| |
Aliona Lanskaja (en belaruso: Алёна Ланская), nada o 7 de setembro de 1985 en Mahilioŭ (Rexión de Mahilioŭ, Belarús), é unha cantante belarusa, gañadora do concurso "Slavianski Bazaar" in Viciebsk[1] e coñecida internacionalmente por representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.
Carreira
Eurofest 2012
Logo de avanzar na semifinal do 21 de decembro de 2011, cualificou para unha das finais do Eurofest 2012. O 14 de febreiro de 2012, obtivo a honra de representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2012, en Bakú coa canción "All My Life".[2] Pero, o 24 de febreiro, anunciouse que Lanskaja estaba descualificada despois dunha investigación conducida por Aliaksandr Lukašenka pola súa "inxusta" vitoria no Eurofest, logo da cal circularon rumores de que os seus produtores manipularan o televoto dándolle 12 puntos e a vitoria. En resposta, Lukašenka ordenou unha inmediata investigación que logo confirmou os rumores. Foi substituída pola banda Litesound, que obtivera o segundo lugar.[3]
Eurofest 2013
Logo da súa descualificación en 2012, Aliona intentou outra vez representar a Belarús en 2013 coa canción "Rhythm of love". O 7 de decembro de 2012, Lanskaja volveu gañar a final nacional, obtendo os 12 puntos do público e xurado polo que obtivo o dereito a representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia. Tras gañar o Eurofest, decidiu cambiar a canción con acudiríaa a Eurovisión por "Solayoh", escrita por Mark Paelinck.
Festival de Eurovisión 2013
No festival celebrado en Malmö, a Lanskaja correspondeulle por sorteo actuar na primeira semifinal, onde obtivo o pase á final co sétimo posto. Na final celebrada o 18 de maio, Lanskaja finalizou en 16º lugar.[4]
Notas
- ↑ Наважылава, Вольга (2011). "Як «саламяная дзяўчынка» стала «белай ластаўкай»" (PDF). Бярозка (en belaruso) (6 (1000)): 57–61. ISSN 0320-7579. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Alyona Lanskaya to represent Belarus". 25 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.
- ↑ "Litesound as new Belarusian representative in Baku". 24 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.
- ↑ "Eurovision Song Contest 2013 Grand Final". eurovision.tv. Consultado o 20 de agosto de 2013.