Vicente Engonga
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Vicente Engonga Maté 20 de outubro de 1965 (59 anos) Barcelona (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Guinea Ecuatorial | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Vicente Engonga Nguema | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Óscar Engonga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Igor Engonga, sobriño |
Vicente Engonga Maté, nado en Barcelona o 20 de outubro de 1965, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. É irmán do tamén exfutbolista e adestrador Oscar Engonga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]O seu pai, natural de Guinea Ecuatorial, chegou a España para xogar no Rayo Cantabria e no Gimnástica de Torrelavega, entre outros equipos.
Comezou a xogar como alevín na Gimnástica de Torrelavega pasando despois pola SD Amistad e no Juvenil CD Sniace. Fichou finalmente pola Gimnástica con que debutou en Liga o 20 de maio de 1984.
Ao final da tempada 1984-85 ten que trasladarse a Ferrol para realizar o servizo militar, o que aproveita para xogar na SD O Val no fútbol rexional. Tras licenciarse fichou polo Sporting Mahonés en 1986 ao igual que o seu irmán Julio. Militou no equipo cinco tempadas, nas que conseguiu o ascenso a Segunda División B
Na tempada 1991/92 fichou polo Real Valladolid, en Primeira División. Tras un excelente ano fichou polo Celta de Vigo, onde xogou dous anos ás ordes de Txetxu Rojo. No segundo ano o equipo conseguiu chegar á final da Copa do Rei ante o Real Zaragoza.
Este bo traballo en Vigo levouno a fichar polo Valencia CF. Tres anos despois ficha polo RCD Mallorca, ascendido ese ano a Primeira División. Militaría no equipo cinco tempadas, nas que chegou a disputar unha final da Copa do Rei (1998), unha final da Recopa de Europa (1999), gañar a Supercopa de España (1998) e a disputar a Liga de Campións (2001), anotando o primeiro tanto do equipo mallorquín nesta competición.
Xogando no RCD Mallorca foi convocado coa Selección de fútbol de España, coa que disputou 14 encontros e coa que participou na Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000.
Tras non renovar co Mallorca no 2002 ficha polo Real Oviedo de Segunda División, tras seis meses ficha polo Coventry City da Second Division inglesa, equipo no que se retirou.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Tras retirarse pasou a formar parte do organigrama técnico do Mallorca, sendo o adestrador do filial ata 2006. O 4 de agosto de 2008 foi nomeado adestrador de da Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial, sendo substituído por Carlos Diarte.
- Nados en 1965
- Nados en Barcelona
- Futbolistas de Cataluña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da Gimnástica de Torrelavega
- Xogadores da SD O Val
- Xogadores do CF Sporting Mahonés
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Coventry City FC
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da selección de fútbol de Guinea Ecuatorial
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Españois de ascendencia ecuatoguineana