Ayn Rand
Ayn Rand, pseudónimo de Alissa Zinovievna Rosenbaum, nada nunha familia xudía en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1905 e morta en Nova York o 6 de marzo de 1982, foi unha escritora estadounidense de orixe rusa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a maior de tres irmás, comezou a escribir novelas e guións con 7 anos. Estudou Historia e Filosofía na Universidade de San Petersburgo (por entón Petrogrado). En 1924 iniciou estudos no Instituto Estatal de Artes Cinematográficas, xa que a súa ambición persoal era a escritura de guións cinematográficos. Alí seguiu escribindo historias curtas, guións e anotacións esporádicas no seu diario, no que expresou ideas intensamente antisoviéticas. Foi definida como liberal e minarquista. Any Rand rexeita tódalas relixións, pois para ela teñen elementos incompatibles coa razón.
Ayn Rand desenvolveu unha profunda animadversión cara a Rusia polo que decidiu emigrar aos Estados Unidos. A finais de 1925, Ayn Rand conseguiu un visado para abandonar o país e visitar parentes seus xa estabelecidos nos Estados Unidos, onde chegou en febreiro de 1926, con 21 anos.
En 1929 casou co actor Frank O'Connor, e ela mesma aparecería como extra na película The King of Kings, de Cecil B. DeMille. En 1931 adquire a cidadanía americana. Máis tarde traballou no servizo de gardarroupa dos estudos RKO onde comezou a escribir "Os que vivimos", novela semibiografica sobre unha xove que ten que enfrontarse ó comunismo ruso e protexerse a ela mesma e o seu amado. Ayn Rand morreu en 1982.
Mentalidade filosófica
[editar | editar a fonte]Ayn Rand é unha filósofa que defende o obxectivismo. O obxectivismo foi definido por ela como o conxunto da metafísica, epistemoloxía, ética e política.
A metafísica entendida por Ayn cre que a nosa función non é a de crear ou inventar a realidade senón a de percibir a realidade como é. A epistemoloxía entendida por Ayn cre que a razón é o único medio do ser humano para adquirir os coñecementos. A ética entendida por Ayn cre que o ser humano non é un medio senón un fin, que debe lograr os seus propósitos sen sacrificarse polos demais. A ética rexeita o altruísmo. A política entendida por Ayn cre que o único sistema social que erradica as relacións persoais é o capitalismo (sistema baseado no recoñecemento dos dereitos individuais e protexe as persoas) .
Divide o obxectivismo en tres puntos:
- O punto primeiro- Non soamente existe unha realidade neste universo, senón que isto é discutible.
- Punto segundo- Non vivimos nun inferno caótico, tampouco nun magma de confusión do que soamente poidan salvarnos as elites intelectuais platónicas coas súas conexións sobrenaturais, non existe unha verdade reservada soamente para algúns.
Os puntos primeiro e segundo apareceron en 1963.
- Punto terceiro-O éxito depende dun mesmo. Ayn é contraria ó altruísmo. Ayn di que as necesidades dos demais non poden condicionar a felicidade dun mesmo. Expón que a racionalidade precisa do esforzo. Se non te axudas a ti mesmo non poderás axudar ós demais.
Este punto apareceu en 1964.
- Punto cuarto- O dereito de propiedade privada que Ayn expón apoiándose no principio de autoposesión. O home ten que traballar e producir para poder sustentar a súa vida, polo que necesita esforzarse. Se non dispón do seu esforzo non pode dispoñer da súa vida.
Ideoloxía político-económica
[editar | editar a fonte]Ayn Rand non se considera nin de dereitas nin de esquerdas. Ayn Rand declarouse conservadora pero opúxose ao goberno de Ronald Reagan. A pesar disto sitúana na dereita política debido a un apego ao individualismo heroico e capitalista. Ayn é unha liberal, busca a maximización dos dereitos do individuo dende unha análise liberal individualista. A pesar disto tamén busca maximizar os beneficios da propiedade privada e o sistema capitalista. Ayn Rand defende un principios como son:
- O ateísmo.
- A total liberdade de producir, distribuír e consumir drogas, a pesar de condenalas (defende a liberdade para equivocarse).
- Condena o recrutamento forzoso de soldados equiparando coa escravitude.
- O dereito das mulleres a abortar se o desexan.
- Un estado mínimo contrario ao lema fascista "todo dentro do estado, nada fóra do estado".
- O dereito absoluto a distribuír calquera tipo de texto ou medio audiovisual.
Obra
[editar | editar a fonte]- Red Pawn (peón vermello) (1932, guión de cine).
- Noite do 13 de xaneiro (1934, teatro). Incorpora unha novidade, o público pode actuar de xurado e decicir se o protagonista é inocente ou culpable a fin da obra.
- We the living (os que vivimos) (1936, novela). Narra unha vida dramática, unha muller de espírito independente baixo o réxime totalitario soviético.
- Anthem (¡Vivir!) (1938, novela). É unha novela curta que presenta a loita dun individualista contra a sociedade do futuro na que triunfou o colectivismo.
- The Fountainhead (O Manancial) (1943, novela). Esta obra é o primeiro éxito importante como novelista de Ayn Rand. A esencia desta obra é o individualismo e colectivismo da alma humana. Na obra destaca o protagonista arquitecto que é un home que consegue triunfar impoñendo a súa propia idea de arquitectura.
- Atlas Shrugged (A rebelión de Atlas) (1946-1957, novela). É a obra de ficción mais completa e poderosa sobre a filosofía Obxectivista.
- The Virtue of Selfishness (A virtude do Egoísmo, ensaio).
Ayn Rayn non só escribiu literatura senón que tamén colaborou no periodismo con For the New Intellectual (1961), The Unknown Ideal (1966), The Ronantic Manifesto(19709) e The Anti-Industrial Revolution (1971).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Ayn Rand |