Aliona Lanskaja
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1985 (39 anos) Mahilioŭ, Belarús |
Educación | Belarusian-Russian University (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
18 de maio de 2013 | Festival de Eurovisión 2013 (16ª) |
Premios | |
| |
Aliona Lanskaja (en belaruso: Алёна Ланская), nada o 7 de setembro de 1985 en Mahilioŭ (Rexión de Mahilioŭ, Belarús), é unha cantante belarusa, gañadora do concurso "Slavianski Bazaar" in Viciebsk[1] e coñecida internacionalmente por representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia.
Carreira
[editar | editar a fonte]Eurofest 2012
[editar | editar a fonte]Logo de avanzar na semifinal do 21 de decembro de 2011, cualificou para unha das finais do Eurofest 2012. O 14 de febreiro de 2012, obtivo a honra de representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2012, en Bakú coa canción "All My Life".[2] Pero, o 24 de febreiro, anunciouse que Lanskaja estaba descualificada despois dunha investigación conducida por Aliaksandr Lukašenka pola súa "inxusta" vitoria no Eurofest, logo da cal circularon rumores de que os seus produtores manipularan o televoto dándolle 12 puntos e a vitoria. En resposta, Lukašenka ordenou unha inmediata investigación que logo confirmou os rumores. Foi substituída pola banda Litesound, que obtivera o segundo lugar.[3]
Eurofest 2013
[editar | editar a fonte]Logo da súa descualificación en 2012, Aliona intentou outra vez representar a Belarús en 2013 coa canción "Rhythm of love". O 7 de decembro de 2012, Lanskaja volveu gañar a final nacional, obtendo os 12 puntos do público e xurado polo que obtivo o dereito a representar a Belarús no Festival de Eurovisión 2013 en Malmö, Suecia. Tras gañar o Eurofest, decidiu cambiar a canción con acudiríaa a Eurovisión por "Solayoh", escrita por Mark Paelinck.
Festival de Eurovisión 2013
[editar | editar a fonte]No festival celebrado en Malmö, a Lanskaja correspondeulle por sorteo actuar na primeira semifinal, onde obtivo o pase á final co sétimo posto. Na final celebrada o 18 de maio, Lanskaja finalizou en 16º lugar.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Наважылава, Вольга (2011). "Як «саламяная дзяўчынка» стала «белай ластаўкай»" (PDF). Бярозка (en belaruso) (6 (1000)): 57–61. ISSN 0320-7579. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020.
- ↑ "Alyona Lanskaya to represent Belarus". 25 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.
- ↑ "Litesound as new Belarusian representative in Baku". 24 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 01 de setembro de 2013.
- ↑ "Eurovision Song Contest 2013 Grand Final". eurovision.tv. Consultado o 20 de agosto de 2013.