Skip to content

procastino/bancosTecno

Repository files navigation

Banco de preguntas de tecnoloxía

Repositorio de preguntas tipo test para a materia de tecnoloxía da ESO en Galicia.

Que é isto

Un listado de preguntas tipo test de múltipla escolla, cunha soa resposta correcta, nun só ficheiro csv, cos campos:

  • "question", onde está a pregunta a facer
  • "choice1/2/3/4", onde están as posibles respostas, colocando sempre a resposta correcta na primeira posición.
  • "image", na que se pode insertar unha imaxe complementaria á pregunta poñendo a súa ruta relativa á imaxe contida no cartafol "images" (p.ex. - images/circuito.png).
  • "bloque", os bloques non son os definidos pola LOMCE, senón uns bloques persoais asignados en función da estrutura empregada nas aulas polo autor.

Para que?

Ter un gran repositorio de preguntas nun formato doado de manipular e transformar, que logo poida ser adaptado a distintas plataformas, servizos e tipos de documentos. ###Moodle Neste cartafol están as preguntas en formato XML en formato importable de Moodle. Provisionalmente, inclúense estas preguntas mentres se desenvolve un método de exportación funcional para pasar de CSV a Moodle. Traballo de AntonioLagoD.

creaQuiz

É un código de Google Apps Script para crear formularios de Google a partir das preguntas do banco. Neste vídeo explico como vai.

creaDoc

Outro código de Google Apps Script para crear un documento para imprimir coas preguntas do test. Non din feito que escale as imaxes, así que, polo menos de momento, hai que facer esa parte a man, que tampouco é moito, non nos poñamos esixentes.

About

No description, website, or topics provided.

Resources

License

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages