Personal Movie
Aparencia
Personal Movie | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Personal Movie |
Director | Héctor Carré |
Guión | Héctor Carré |
Intérpretes | Isabel Blanco Miguel de Lira Chete Lera |
Estrea | 2012 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Suspense e drama |
Recadación | 8.017,40 €[1] |
Na rede | |
Personal Movie é un filme galego de 2012 dirixido e escrito por Héctor Carré e rodado en lingua castelá.
Estreouse en galego na TVG.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois dunha gran festa nunha vila galega, un mozo atopa un brazo humano na súa neveira. Como non lembra nada do acontecido a véspera, vese na obriga de descubrir quen é o culpable, sen denunciar o feito á policía.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Isabel Blanco como Dolores
- Miguel de Lira como Ismael
- Chete Lera como Tomás
- Jelena Molina como Érika
- Víctor Mosqueira como Suso
- Fran Peleteiro como garda civil
- Sergio Quintana como camareiro da discoteca
- Santiago Romay como Manolo
- Déborah Vukusic como Chusa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Personal Movie". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2023. Consultado o 3 de xullo de 2023.
- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "Personal Movie en galego na TVG". Consultado o 3 de xullo de 2023.