Saltar ao contido

Pavón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pavo cristatus»)
Pavón

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: Pavo
Especie: P. cristatus
Nome binomial
Pavo cristatus
Linnaeus, 1758
Distribución nativa do pavón
Distribución nativa do pavón

Distribución nativa do pavón

O pavón[2] (Pavo cristatus) é unha das dúas especies de aves pertencentes ao xénero Pavo, que dende tempos antigos destacou entre os animais admirados polo ser humano por mor do extraordinario abano policromado que constitúe a cola dos machos.

Trátase dunha especie cun dimorfismo sexual moi acentuado que vive arredor dos 15 anos, aínda que se coñecen casos de exemplares que viviron en catividade máis de 20 anos. Trátase dun animal omnívoro, cuxa alimentación está composta principalmente por sementes, froitas, bagas, plantas, verduras, insectos, ras e pequenos réptiles.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía grega, o pavón era o animal consagrado e representativo de Hera, a esposa de Zeus. O mito conta que Zeus seduciu á mortal Ío e, para que non o descubrise Hera, converteuna nunha vaca branca. Pero Hera soubo do conto e pediulle a vaca a Zeus, poñéndoa baixo a vixilancia de Argos, un xigante coñecido como Argos Panoptes por ter ollos por todo o corpo [3]. Os diferentes autores dan números diferentes: un só ollo, catro ollos (dous mirando cara adiante e outros dous mirando cara atrás), ata mil ojos, pero a cifra máis común entre os mitólogos é a de cen ollos.

Zeus mandoulle a Hermes que recuperara a vaca pero, como non puido facelo en segredo, matou a Argos, uns din que dunha pedrada [4] e outros que o dormiu coa súa frauta e logo o degolou [5]. Hera, agradecida a Argos polo seu sacrificio, tomou os seus ollos e colocounos na cola do pavón, dándolle o aspecto que ten hoxe:

"Morto estás, Argos, extinguiuse a luz que tiñas para tantos ollos e a noite apoderouse dos teus cen ollos. A Saturnia [6] recolleunos e colocounos nas plumas da súa ave, enchendo a cola de xemas estreladas"
Ovidio I. 720-723

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. BirdLife International (2009). "Pavo cristatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2009.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 2010-02-15. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pavón.
  3. Ovidio I. 625.
  4. Pseudo-Apolodoro II, 1.3. Por esta acción, a Hermes dáselle o apelativo de Argifontes, o que deu morte a Argos.
  5. Ovidio I. 717.
  6. Saturnia é un patronímico romano de Hera, por ser filla de Saturno (é dicir, Cronos).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]