Numismática
A Numismática (do grego antigo: νομισματική, e do hebreo: Numii: moeda e Amastik: Reunión, "reunión de moedas") é unha ciencia auxiliar da historia que estuda as moedas e as medallas. Tamén se lle chama así ao coleccionismo destas pezas.
Numismática clásica
[editar | editar a fonte]No concepto clásico, a numismática é unha ciencia auxiliar da Arqueoloxía que trata do estudo das moedas e medallas. Esta ciencia pode dar testemuño inestimable dos intercambios e da economía dos pobos, así como da súa historia política, xeográfica, relixiosa etc.
Poucos monumentos arqueolóxicos revisten a importancia dos que estuda a numismática xa que neles gravou o home as súas ideas dominantes e polo mesmo revelan o carácter, os costumes e as vicisitudes históricas que tales monumentos deixáronnos. Intimamente ligadas á numismática atópase a epigrafía, paleografía, simboloxía, iconoloxía e historia da arte, achegando a todas elas a numismática nocións esenciais.
A numismática clásica divídese en dùas partes moi diferentes por máis que frecuentemente vaian unidas nos libros que dela tratan:
- a teórica ou doutrinal, que estuda os fundamentos da ciencia, coa nomenclatura, as bases da clasificación e outras xeneralidades.
- a histórica e descritiva que descende ao estudo do desenvolvimiento da moeda nos diferentes pobos do mundo e clasifica e describe as súas distintas emisións monetarias.
Numismática moderna
[editar | editar a fonte]Na acepción moderna do termo, a numismática é o estudo científico do diñeiro en todas as súas variadas formas. Aínda que aos numismáticos se lles caracteriza adoito como estudosos das moedas, a disciplina actual inclúe tamén o estudo doutras formas modernas do diñeiro e moitos aspectos con el relacionados, incluíndo o seu uso, a historia, a xeografía, a arte, a economía, a metalurxia, o procesos de manufactura etc.
Entre outras formas modernas do diñeiro que estuda a numismática estarían o cheque, o papel moeda ou billete, a acción e o bono (escripofilia), a cartón de crédito e a ficha monetaria (monetiformes).
Aínda que en xeral os estudos económicos e históricos do uso e o desenvolvemento do diñeiro están separados do estudo do diñeiro físico que fai a numismática, existe no entanto relación entre ambos; as teorías da orixe do diñeiro dependen da numismática, por exemplo. Neste sentido a numismática xoga un papel importante, xa que a través das moedas (tiradas especiais, cambios de material etc) conseguen descifrarse e comprenderse asedios, motivos reais e imperiais, fluxos económicos etc.
Numismáticos e coleccionistas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Numismático.
- Artigo principal: Coleccionismo de moedas.
Os numismáticos son ás veces diferenciados dos coleccionistas en tanto que os últimos basicamente derivan o seu pracer da simple posesión de obxectos monetarios, mentres que a atención dos primeiros céntrase na adquisición de coñecementos sobre eles. De feito, moitos numismáticos son tamén coleccionistas e algúns coleccionistas mostran interese polo coñecemento dos seus obxectos de colección.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Numismática |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais
- Consello Internacional de Numismática
- Congreso Internacional de Numismática
- Lista de asociacións numismáticas
- Exonumia
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asociación Numismática Española (ANE)
- American Numismatic Society (ANS)
- Foro taller numismático de Objectos y Monedas No Identificados (OMNI)
- Revista científica de Numismática OMNI
- Base de Datos de Moedas On-line (WikiMoneda)
- Digital Library Numis (DLN) Arquivado 19 de maio de 2011 en Wayback Machine. Online numismatic library
- www.tesorillo.com