Máquina expendedora
Aparencia
Unha máquina expendedora é un dispositivo mecánico con compoñentes electromecánicos ou electrónicos empregado para a venda e distribución de produtos ou servizos. O obxecto é a venda e distribución autónoma, sen presenza humana, e de xeito automático. Existen máquinas expendedoras de todo tipo de produtos e servizos: larpeiradas, bebidas quentes ou frías, comida, artigos comerciais e todo tipo de servizos como entradas ou billetes.
En inglés as máquinas expendedoras son chamadas «vending machine», termo que se aplica a todo o sector como: vending.[Cómpre referencia]
Descrición xeral
[editar | editar a fonte]Unha máquina expendedora en xeral componse de:
- Carcasa exterior, xeralmente metálica e de seguridade.
- Pantalla informativa para a selección de artigos, visualización de prezos e crédito.
- Moedeiro para o cobro e dar voltas da compra.
- Exposición de produtos e servizos en venda.
- Caixón de recollida do produto mercado.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|