Saltar ao contido

Inuyasha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «InuYasha»)

Inuyasha (犬夜叉?), tamén coñecido como Sengoku Otogizōshi Inuyasha (戦国御伽草子 犬夜叉?), é unha serie de manga e anime escrita e ilustrada por Rumiko Takahashi. Inuyasha é unha comedia romántica shōnen (máis centrada na acción que nos sentimentos), con elementos de terror. A historia comeza en Toquio, alí unha rapaza chamada Kagome Higurashi, que de volta á súa casa atópase cun demo, cando desaparece, a rapaza atópase no Xapón feudal (arredor de 1600), onde a maxia é real. Kagome resulta ser a reencarnación dunha sacerdotisa moi poderosa chamada Kikyo que selou ao poderoso hanyô (metade demo, metade persoa) Inuyasha dentro dunha árbore grazas a unha frecha máxica. Kagome perde a Shikon no Tama (alfaia das catro almas), un aparello máxico moi poderoso que estaba oculto dentro do seu corpo, e libera a Inuyasha para que a axude a atopalo de novo.

Comezou a editarse o 13 de novembro de 1996 e ata febreiro de 2005 publicáronse 39 volumes e 408 capítulos (ata maio de 2005) e aínda está en fase de publicación. Para a televisión fixéronse 167 episodios de 25 minutos dende o 2000-2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]