Saltar ao contido

Bydgoszcz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBydgoszcz
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°07′N 18°00′L / 53.12, 18
EstadoPolonia
VoivodatosCuiavia-Pomerania Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación337.666 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.918,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie175,98 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBrda (en) Traducir e Río Vístula Editar o valor en Wikidata
Altitude60 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1038 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRafał Bruski (en) Traducir (2007–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal85-001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico52 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Swansea
Reggio Emilia (1962–)
Kragujevac (1971–)
Mannheim (1991–)
Hartford (1996–)
Perth (1998–)
Tcherkássi (pt) Traducir (2000–)
Kremenchuk (pt) Traducir (2004–)
Patras (2004–)
Ningbo (2005–)
Wilhelmshaven (2006–)
Pitești (pt) Traducir (2007–)
Pavlodar (2012–)
Sliven (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbydgoszcz.pl Editar o valor en Wikidata

Bydgoszcz é unha cidade do norte de Polonia, a carón dos ríos Brda e Vístula. O termo municipal abrangue 175 km² e a súa poboación é de 359.428 habitantes (2014), chegando a 400.000 no conxunto da área metropolitana o que a converte na 8ª cidade do país. Desde 1999 é a capital do condado de Bydgoszcz. É sede da Universidade Casimiro o Grande, da Universidade de Tecnoloxía e Ciencias da Vida e do Collegium Medicum e nas súas proximidades está o Aeroporto Internacional Ignacy Jan Paderewsk Bydgoszcz.

Orixinalmente un asentamento pesqueiro a cidade medrou por mor das rotas comerciais do Vístula. Os cabaleiros teutónicos ocuparon a cidade entre 1331 e 1337 e máis tarde polo rei Casimiro II de Polonia quen lle outorgou dereitos de cidade o 19 de abril de 1346.

Nos séculos XV e XVI a cidade ocupou un lugar salientable para o comercio do millo. En 1657 Xoán II Casimiro de Polonia e Federico Guillerme de Brandeburgo-Prusia asinaron aquí o Tratado de Bydgoszcz.

Prusia anexionou Bydgoszcz en 1772 na coñecida como Primeira Partición de Polonia, e incorporouna ao distrito de Netze. En 1807 Bydgoszcz converteuse en parte do Ducado de Varsovia e de novo volveu a Prusia en 1815 como parte do Gran Ducado de Poznań. Logo de 1871 a cidade formou parte do Imperio Alemán. En 1919 incorporouse a Polonia de novo. O 3 de setembro de 1939 pouco despois da entrada do exército alemán en Polonia que deu pé á segunda guerra mundial aconteceu nos arredores da cidade o masacre coñecido como Domingo sanguiñolento de Bydgoszcz no que morreron numerosos civís polacos e alemáns. A Alemaña nazi usou este incidente como propaganda contra os polacos despois da ocupación da cidade o 9 de setembro. Segundo a Nowa encyklopedia powszechna PWN 37.000 cidadáns da cidade morreron durante a guerra, milleiros deles en campos de concentración. En 1945 Bydgoszcz foi liberada e anexionada outra vez a Polonia.