Saltar ao contido

Anosmia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anosmia
Clasificación e recursos externos
Debuxo da vista anatómica lateral da mucosa inflamada
ICD-10R43.0
MedlinePlus003052
MeSHD000855
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A anosmia é a perda total do olfacto. En galego hai varios sinónimos como aosmia, anodmia, anosfrasia, anosfresia ou anestesia olfactiva, recollidos no Diccionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia;[1][2] a hiposmia é un sinónimo parcial, referido á diminución do olfacto,[3] causada por danos ou lesión no nervio olfactivo, obstrución das fosas nasais ou outras doenzas.

Síntomas

[editar | editar a fonte]

Ademais da incapacidade para sentir os cheiros, a anosmia tamén prexudica o gusto. O motivo é que a lingua é capaz de identificar as seguintes características: sabor doce, salgado, acedo, amargo e umami ou glutamato.[4][5] Como non é posíbel diferenciar unha substancia da outra (unha lambetada con azucre doutra sen el, por exemplo) a través do olfacto, o paciente con anosmia identificará as dúas substancias como iguais.

Tipos de anosmia

[editar | editar a fonte]

Existen dous tipos de anosmia: a parcial e a permanente:

  • Parcial: pódese tratar e curar. Ás veces prodúcese pola obstrución das vías nasais debido a unha enfermidade alérxica ou inflamación da lingua. O paciente perde o olfacto durante un período determinado e despois recupera. Causa comúns de anosmia parcial son a gripe, que causa danos leves aos nervios olfactivos, ou a Covid-19.
  • Permanente: hoxe en día aínda non ten cura. Normalmente prodúcese por danos graves nos nervios olfactivos como resultado de accidentes (de tráfico e outros), infeccións graves nos nervios da cara ou radioterapia durante o tratamento do cancro.

Un gran número de condicións poden causar perda do olfacto, entre elas as máis comúns son:[6]

Prevención e precaucións

[editar | editar a fonte]

As causas da anosmia non sempre se poden previr. Con todo, para as persoas que non teñen doenzas, sempre é bo evitar accidentes que poidan afectar a rexión da cabeza. A persoa con enfermidade debe ter especial coidado co gas de cociña, os alimentos estragados e a depresión.[5][7]

  1. "Termo no dicionario da RAG". DRAG. 
  2. "Dicionario Galego de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia" (PDF). edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 5-1-2022. 
  3. "Dicionario Galego de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia" (PDF). edu.xunta.gal; p. 384. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 5-1-2022. 
  4. "Loss of Smell (Anosmia)". Yale Medicine (en inglés). Consultado o 2024-04-05. 
  5. 5,0 5,1 "Anosmia". Cleveland Clinic (en inglés). Consultado o 2024-04-05. 
  6. https://www.anosmiafoundation.com/intro.shtml Arquivado 06 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
  7. "Anosmia - Ear, Nose, and Throat Disorders". Merck Manuals Professional Edition (en inglés). Consultado o 2024-04-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]