Rod Laver
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Rodney George Laver 9 de agosto de 1938 (86 anos) Rockhampton, Australia (en) | ||||||||||||||||||||
Residencia | San Diego Carlsbad (pt) Rockhampton (en) | ||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | manicho | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1963 - 1979 | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 1.565.413 $ | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | manicho | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Rodney George Laver, nado en Rockhampton (Queensland) o 9 de agosto de 1938, é un ex-tenista australiano, considerado por moitos como un dos xogadores máis destacados da historia,[1][2][3][4] xa que é o único home que gañou os catro títulos do Grand Slam no mesmo ano en dúas ocasións (1962 e 1969), ademais de gañar o "Grand Slam Pro" en 1967, durante a súa etapa profesional na que non podía competir nos majors, e o terceiro en lograr os catro grandes. Laver ten o récord de títulos gañados na súa carreira con 184 torneos (47 no circuíto ATP) e foi considerado como n.º 1 do mundo durante sete anos consecutivos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira como afeccionado
[editar | editar a fonte]Laver era un neno cando deixou a escola para comezar a súa carreira no tenis, na que estivo vinte e tres anos.
Despois de lograr os títulos do Campionato dos Estados Unidos Júnior en 1956 e do Campionato australiano Júnior en 1957, Laver centrouse no circuíto afeccionado masculino. En 1960 conseguiu o seu primeiro título grande ao derrotar nun duro partido de cinco sets o tamén australiano Neale Fraser no Campionato Australiano. Un ano despois conquistou o seu primeiro título de Wimbledon ao derrotar na final o norteamericano Chuck McKinley.
En 1962 converteuse no segundo home da historia en conseguir o Grand Slam, é dicir gañar os catro torneos máis importantes do tenis no mesmo ano, despois de que lo fixese Don Budge en 1938. Ese ano logrou un récord da era afeccionada ao conquistar vinte e un títulos, engadingo ao Grand Slam os torneos do Campionato Italiano e o Campionato Alemán logrando así un difícil triplete en canchas lentas xunto co Campionato Francés. No Campionato Australiano logrou vencer na final o seu compatriota Roy Emerson en catro sets. O Campionato Francés foi o seu paso máis complicado na súa ruta ao Grand Slam ao ter que xogar tres duros partidos a cinco sets a partir de cuartos de final. Salvou un match point ante Martin Mulligan (a quen venceu de novo na final de Wimbledon) nos cuartos de final e na final recuperouse dunha desvantaxe de dous sets a un e cero a tres no cuarto set para vencer de novo a Roy Emerson. O seu paso polo torneo de Wimbledon foi moito máis sinxelo, xa que só perdeu un set en todo o torneo, ante Manuel Santana nos cuartos de final. No seu último chanzo, perdeu só dous sets no US National Singles Championships para derrotar outra vez a Roy Emerson na final.
Nese tempo os tenistas só conseguían o diñeiro suficiente para financiarse a carreira. Cando o magnate industrial estadounidense Lamar Hunt creou un circuíto de tenis profesional, cambiou o xogo para sempre, mesmo para Laver. En 1963, Laver converteuse en profesional, feito que lle impidiou seguir a participar nos torneos de Grand Slam ata 1968 e na Copa Davis ata 1973, xa que estes torneos estaban reservados para xogadores afeccionados.
A pesar deste inconveniente, durante a súa carreira gañou once títulos de Grand Slam en individuais.
Como profesional
[editar | editar a fonte]Rapidamente estableceuse entre os xogadores máis importantes dentro do circuíto profesional. Os seus duelos contra Pancho Gonzales e Ken Rosewall deleitaban o público. En sete anos gañou cinco veces o US Pro Championships, incluídas catro de manera consecutiva entre 1966 e 1969.
Na primeira metade de 1963, foi derrotado facilmente por Hoad e Rosewall. Hoad gañou os primeiros oito encontros mentres que Rosewall gañou once de trece. Ao final do ano, non obstante, Laver logrou colocarse como o número 2 dos profesionais (xunto a Hoad) con tres títulos por detrás de Rosewall. En 1964 conseguiu sete títulos importantes ao igual que Rosewall, mais Laver gañou os seus enfrontamentos por 12-3 e os dous torneos máis prestixiosos, o US Pro (ante Pancho Gonzales) e o Wembley Pro (ante Rosewall). En 1965 foi claramente o número 1 ao gañar quince títulos. De dez finais ante o aínda complicado Gonzales, triunfou en oito. En 1966 gañou dez títulos, incluíndo de novo o US Pro e o Wembley Pro. En 1967 logrou un récord de dezaoito títulos, incluíndo o Wimbledon Pro, US Pro, Wembley Pro e o French Pro. O torneo de Wimbledon foi o único xogado no All England Tennis Club por xogadores profesionales, o que abriou o camiño para a Era Open. Laver derrotou a Rosewall na final por 6-2, 6-2 e 10-8. En total, xogaron 111 partidos, todos como profesionales, con 62 vitorias para Laver e 49 para Rosewall.
Era Open
[editar | editar a fonte]Co xurdimento da Era Open, tanto afeccionados como profesionais mesturáronse nun circuíto único. Laver converteuse no primeiro xogador profesional en conquistar o título de Wimbledon en 1968 ao derrotar na final o seu compatriota Tony Roche.
Con todo, o maior logro de Laver foi conseguir o Grand Slam novamente en 1969, sendo a única persoa en facelo dúas veces. Ese ano venceu a Andrés Gimeno en Australia, a Ken Rosewall en Francia, a John Newcombe en Londres e a Tony Roche nos Estados Unidos. Ademais, gañou dezasete dos 32 torneos nos que participou cun récord de 106 vitorias fronte a 16 derrotas. A súa conquista en Wimbledon ante Newcombe foi o seu cuarto título no All England Club tras gañar como afeccionado en 1961 e 1962 e como profesional en 1968. O seu récord de 31 vitorias consecutivas foi superado logo polo sueco Björn Borg entre 1976 e 1981.
Na súa ruta ao Grand Slam xogou cinco partidos de cinco sets, salvando dúas veces unha desvantaxe de 0-2. O seu partido máis duro foi na semifinal do Aberto de Australia ante Roche nunha batalla de 90 xogos baixo un sol agobiante (o xornalista Steve Flink situouno no posto trece dentro dos 30 mellores partidos de tenis do século XX). Laver mostrou ese ano a súa versatilidade ao gañar tres Grand Slam en pista dura e un en terra batida (Roland Garros), os dous torneos máis importantes de cancha dura (o US Pro e o Aberto de Suráfrica) e os torneos baixo teito máis importantes (Wembley British Indoor e Filadelfia US Pro Indoor).
A comezos dos anos 70, Laver xogou limitadamente nos Grand Slam, pero nos torneos de categoría World Champions Tour (WCT) continuou como o xogador líder. En 1970 gañou trece títulos e 200 000 dólares en premios. En 1971 gañou unha serie de 13 partidos consecutivos en partidos onde «o gañador leva todo» logrando unha suma de 160 000 dólares. En 1971 e 1972 foi o líder en puntos do campionato WCT mais perdeu as finais en Dallas ante Ken Rosewall. O último dos encontros é recordado como un dos mellores da historia cunha audiencia televisiva de 20 millóns de persoas.[5] Foi o primeiro xogador en superar o millón de dólares en premios na súa carreira.
Mantívose como xogador top ten ata 1975. En 1974 terminou con 6 títulos e como número 4 do mundo aos 36 anos converténdose no xogador máis veterano en rematar un ano entre os top 5 na Era Open. A pesar da súa idade mantívose nunha porcentaxe superior ao 80 % de vitorias durante a Era Open (5º mellor da historia) e conseguiu 45 títulos.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A pista central do Aberto de Australia chámase Rod Laver Arena na súa homenaxe.[6]
En 1981, Laver foi incluído no International Tennis Hall of Fame.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marca
- ↑ "Rod Laver, el mejor de la historia « Page 1 « Tenis Puro". www.tenispuro.com. Consultado o 04 de decembro de 2018.
- ↑ "Jotdown". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2018.
- ↑ Flashtenis
- ↑ Considerado por Steve Flink como o número 4 no seu libro sobre os mellores partidos de tenis do século XX, publicado en 1979
- ↑ Perfil
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rod Laver |