Omoplata
Omoplata | ||
---|---|---|
Vista anterior do tórax | ||
Vista posterior do tórax | ||
Gray | tema #50 202 |
O óso escápula ou omoplata é un óso do ombreiro, par, plano e compacto, de forma triangular, con dúas caras, anterior e posterior; tres bordos, superior, interior e exterior, e tres ángulos, superior, anterior e inferior
Atópase na parte posterior e superior do tórax; forma coa clavícula o esqueleto do ombreiro. Artéllase coa clavícula e co úmero
Estrutura
Superficies
Anterior
A superficie anterior, volar ou frontal presenta unha gran cavidade, denominada fosa subescapular, que abrangue case toda a superficie. Serve para a inserción do músculo subescapular. Na zona máis superior e interno hai unha zona moito máis reforzada, que forma un ángulo de óso, denominado ángulo superior. Este ángulo serve de reforzo para soportar o peso do acromion
Posterior
A superficie posterior ou dorsal ten unha espiña oblicua, ascendente de dentro a fóra. A espiña divide a superficie posterior en dúas porcións:
- A fosa supraespiñal da escápula: situada por riba da espiña escapular. É máis reducida que a infraespiñal, sendo máis grande a porción interna que a externa. Nos dous terzos mediais ou internos áchase a orixe do músculo supraespiñal.
- A fosa infraespiñal da escápula: situada por debaixo da espiña. É de moito maior tamaño cá superior. Na parte inferior remata en forma de triángulo invertido (o ángulo inferior), de maior grosor có resto da fosa. Nos dous terzos mediais orixínase o músculo infraespiñal.
No bordo lateral ou axilar atópase unha tuberosidade ou crista ósea na que se insire un tabique osteofibrótico, que separa o músculo infraespiñal do músculo redondo maior e do músculo redondo menor. Preto desta crista discorre a arteria circunflexa da escápula.
Ao longo deste bordo axilar insírese cranialmente o músculo redondo menor e na parte inferior, dando a volta ao ángulo inferior, o músculo redondo maior. Na parte máis distal do óso, na parte inferior do ángulo inferior, insírese o músculo dorsal ancho.
Bordos
A escápula ten tres bordos.
Bordo superior
- Artigo principal: Bordo superior da escápula.
É o bordo máis pequeno, cóncavo, que se estende ata o proceso coracoide escapular.
Bordo axilar ou lateral
- Artigo principal: Bordo axilar da escápula.
É o máis groso dos tres. Comeza por debaixo da cavidade glenoide escapular e discorre en sentido oblicuo descendente, ata o ángulo inferior. Nos animais é o bordo inferior.
Bordo medial
- Artigo principal: Bordo medial da escápula.
O bordo medial ou vertebral é o máis longo dos tres. Describe unha traxectoria curvilínea moi aberta e se estende dende o ángulo superior ata o ángulo inferior. En animais refírese a el coma bordo dorsal.
Ángulos
Hai tres ángulos na escápula, superior, inferior e lateral. O superior está cuberto polo músculo trapecio. O inferior está cuberto polo músculo dorsal ancho. O lateral ou glenoide ten a cavidade glenoide da escápula.
Acromion
- Artigo principal: Acromion.
O acromion é unha apófise ósea situada na parte superior da escápula. Forma parte da articulación acromioclavicular e se artella coa clavícula na articulación acromioclavicular.
Coracoide
- Artigo principal: Apófise coracoide da escápula.
A coracoide é outra apófise ósea da escápula, tamén da parte cranial do óso. Artéllase co acromion.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.