Oriente Medio: Diferenzas entre revisións
→Economía: texto traducido desde a wiki .ca:Orient_Mitjà#Economia |
m arranxiños |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
Coñécese como '''Oriente Medio''' (en [[Lingua árabe|árabe]]: '''الشرق الأوسط''') unha rexión do suroeste de [[Asia]] que vai dende [[Siria]] ata a fronteira [[Irán|irano-]][[Afganistán|afgá]], pasando pola [[península de Arabia]]. |
Coñécese como '''Oriente Medio''' (en [[Lingua árabe|árabe]]: '''الشرق الأوسط''') unha rexión do suroeste de [[Asia]] que vai dende [[Siria]] ata a fronteira [[Irán|irano-]][[Afganistán|afgá]], pasando pola [[península de Arabia]]. |
||
Historicamente foi o nome con que os primeiros [[Xeografía|xeográfos]] [[Europa|europeos]] modernos designaron os territorios situados na beira leste do [[mar Mediterráneo]]. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do [[Imperio Otomán]], e por este motivo as veces incluía a [[península dos Balcáns]]. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de [[Turquía]], [[Siria]], o [[Líbano]], [[Israel]], [[Palestina]] e [[Exipto]]. Pero a evolució política posterior á [[segunda guerra mundial]] fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría [[Islam|musulmá]], desde o [[Magreb]] até [[Iraq]] e [[Sudán]], así como [[Irán]] e mesmo [[Afganistán]] e [[Paquistán]]. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.<ref name="GEC">{{Cita web|url=https://www.enciclopedia.cat/EC-GEC-0198034.xml| título =Orient |dataacceso= 5 de outubro do 2015 |obra= L'Enciclopèdia|editor= Enciclopèdia Catalana, SAU|lingua=ca }}</ref> |
Historicamente foi o nome con que os primeiros [[Xeografía|xeográfos]] [[Europa|europeos]] modernos designaron os territorios situados na beira leste do [[mar Mediterráneo]]. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do [[Imperio Otomán]], e por este motivo as veces incluía a [[península]] dos [[Balcáns]]. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de [[Turquía]], [[Siria]], o [[Líbano]], [[Israel]], [[Estado de Palestina|Palestina]] e [[Exipto]]. Pero a evolució política posterior á [[segunda guerra mundial]] fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría [[Islam|musulmá]], desde o [[Magreb]] até [[Iraq]] e [[Sudán]], así como [[Irán]] e mesmo [[Afganistán]] e [[Paquistán]]. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.<ref name="GEC">{{Cita web|url=https://www.enciclopedia.cat/EC-GEC-0198034.xml| título =Orient |dataacceso= 5 de outubro do 2015 |obra= L'Enciclopèdia|editor= Enciclopèdia Catalana, SAU|lingua=ca }}</ref> |
||
O nome de '''Oriente Medio''' utilízase por medio da expresión [[Lingua inglesa|inglesa]] ''Middle East'', que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión '''Oriente Medio''' recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito<ref>[https://commposite.uqam.ca/videaz/docs/elshen.html "Redrawing American Cartographies of Asia"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/19991023092500/https://commposite.uqam.ca/videaz/docs/elshen.html |date=23 de outubro de 1999 }}, artigo de Ella Shohat, City University of New York {{en}}.</ref><ref>[https://www.smi.uib.no/pao/hanafi.html "The Middle East, in whose world?"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131018151834/https://www.smi.uib.no/pao/hanafi.html |date=18 de outubro de 2013 }}, artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies {{en}}.</ref> Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, '''Mashreq''', que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe<ref>Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): ''The Middle East: Geography and Geopolitics''. Routledge. Páx. 12–13 {{en}}.</ref>. |
O nome de '''Oriente Medio''' utilízase por medio da expresión [[Lingua inglesa|inglesa]] ''Middle East'', que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión '''Oriente Medio''' recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito<ref>[https://commposite.uqam.ca/videaz/docs/elshen.html "Redrawing American Cartographies of Asia"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/19991023092500/https://commposite.uqam.ca/videaz/docs/elshen.html |date=23 de outubro de 1999 }}, artigo de Ella Shohat, City University of New York {{en}}.</ref><ref>[https://www.smi.uib.no/pao/hanafi.html "The Middle East, in whose world?"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131018151834/https://www.smi.uib.no/pao/hanafi.html |date=18 de outubro de 2013 }}, artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies {{en}}.</ref> Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, '''Mashreq''', que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe<ref>Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): ''The Middle East: Geography and Geopolitics''. Routledge. Páx. 12–13 {{en}}.</ref>. |
Revisión como estaba o 1 de setembro de 2019 ás 20:19
Oriente Medio | |
---|---|
Mapa do Oriente Medio (verde). | |
Países | 18 |
Zonas horarias | UTC+2:00, UTC+3:00, UTC+3:30, UTC+4:00, UTC+4:30 |
Cidades máis grandes | Istambul O Cairo Teherán Bagdad Riad |
Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.
Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.[1]
O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito[2][3] Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe[4].
Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.
Etimoloxía e historia do termo
O termo «Oriente Medio» tería orixe británica, xa que é unha tradución literal do inglés "Middle East", orixinándose nos anos 1850 probablemente relacionado coa British India Office.[5] Considérase que é un termo eurocéntrico xa que define unha rexión en virtude da súa situación con relación a Europa: a unha distancia mediana e en dirección a Oriente (entre o próximo e o afastado Oriente).
O termo fíxose amplamente coñecido cando o estratego naval estadounidense Alfred Thayer Mahan[6] o usou en 1902 para identificar a rexión entre Arabia e a India británica. Por esa época, o Imperio británico e o Imperio ruso disputábanse a influencia en Asia Central, rivalidade que se coñeceu como o Gran Xogo. Mahan deuse conta non só da importancia estratéxica da rexión, senón tamén a do seu núcleo, o golfo Pérsico.[7][8]
Manhan etiquetou a área ao redor do golfo Pérsico como «Oriente Medio» e afirmou que, despois da canle de Suez, era o territorio máis importante para que Gran Bretaña puidese controlar o avance ruso cara á India.[9]
Usou o termo no seu artigo "The Persian Gulf and International Relations" («O golfo Pérsico e as relacións internacionais»), publicado en setembro de 1902 no diario británico National Review.
O Oriente Medio, se podo adoptar un termo que nunca vin, un día necesitará a súa Malta, o seu Xibraltar, é dicir, o seu enclave británico no golfo Pérsico. A forza naval ten a vantaxe da mobilidade, o cal trae consigo o privilexio das ausencias temporais; pero necesita atopar en cada escenario de operacións bases establecidas para reparacións, provisións e, en caso de desastre, para a seguridade. A Mariña Real Británica debería ter a facilidade de concentrar a súa forza, se chega a ocasión, en Aden, India e o golfo Pérsico.[10]
O artigo foi reimpreso en The Times e foi seguido en outubro por unha serie de vinte artigos titulados "The Middle Eastern Question", escritos por sir Ignatius Valentine Chirol. Neles, Chirol expandío a definición de «Oriente Medio» para incluír «aquelas rexións de Asia que se estenden ata os límites da India ou se aproximan a ela». Cara ao final da serie, en 1903, The Times eliminou as comillas ao usar o termo.[11]
Nos anos 1930, os británicos estableceron como parte do seu exército o "Comando do Oriente Medio" con base no Cairo.
Ata a segunda guerra mundial, era frecuente chamar Oriente Próximo á costa leste do Mediterráneo e Extremo Oriente ás proximidades da China.[12] En 1946 fúndase en Washington DC o "Instituto do Oriente Medio" como un centro cultural para asuntos árabes, turcos, hebreos, persas, afganos e paquistanís, entre outros, gañando difusión internacional o termo "Oriente Medio".[13]
Crítica e ambigüidade no uso
O termo Oriente Medio foi criticado polo seu eurocentrismo, polo que termos como Asia Occidental (ou sudoccidental) forón gañando aceptación en moitos traballos académicos e noutras áreas.
Algunhas disciplinas académicas como a arqueoloxía e a historia antiga continúan usando o termo Oriente Próximo (ver Antigo Oriente Próximo) pero na maioría de temas imponse largamente o termo Oriente Medio. Cando termina a primeira guerra mundial e cae o Imperio Otomán (o cal estaba comunmente identificado co termo Próximo Oriente), emerxe un novo mundo islámico e comezan a usarse ambos termos indistintamente e aparece a ambigüidade entre eles.
En 1957, o goberno estadounidense fai uso oficial do termo Middle East estendéndoo tan lonxe como Paquistán por unha banda e Libia e ata Etiopía polo outro,[14] con todo en 1958, o departamento de Estado redefine a rexión equiparándoa ao suroeste de Asia máis Exipto e recoñecendo que os termos Near East e Middle East son intercambiables.[15]
En alemán Naher Osten (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que Mittlerer Osten; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (Blizhniy Vostok) ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: Moyen-Orient / Proche-Orient, italiano: Medio Oriente / Vicino Oriente, árabe: الشرق الأوسط Ash-sharq-l-awsat / شرق أدنى, turco: Orta Doğu / Yakın Doğu, persa: خاورمیانه Khāvarmiyāneh / خاور نزدیک, hebreo: המזרח התיכון Mizraj-Ha-Tijon / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.
Xeografía
Debido a diferenzas de criterio á hora de definir a área xeográfica que comprende, esta sería a máxima interpretación de Oriente Medio:
- Estados ao sur do Cáucaso
- Próximo Oriente (Mar Mediterráneo):
- Costa do Mar Vermello
- Estados do Golfo Pérsico
Relevo
O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e Iemen son moi montañosas. O Anatolia atópase entre dúas cadeas montañosas: Pontus e Taurus. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165 metros, e o máis alto na rexión, o monte Damavand, nas montañas Elburz de Irán, ten unha altura de 5.610 metros.[16] Os montes Zagros atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700 metros, e as terras elevadas esténdense ao longo do Mar Vermello cara ao Líbano. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norte Dasht-e Kavir (Gran deserto de sal), e ao sur Dasht-e Lut.
Ademais, hai unha falla xeolóxica ao longo do Mar Vermello, con zonas rift que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar.[17] O mar Morto, situado na fronteira entre a Cisxordania, Israel e Xordania, esta 418 metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.[18]
Historia
- Artigo principal: Historia do Oriente Medio.
Situada na unión de Eurasia e África, entre o mar Mediterráneo e o océano Índico, esta zona é centro de asuntos de importancia mundial nos ámbitos estratéxico, económico, político, cultural e relixioso. Coñecemos a historia desta rexión sobre todo polos escritos do Antigo Testamento e dos historiadores gregos, e polas escavacións arqueoloxía que se levan facaendo desde o século XIX. A zona está poboada desde o 8000 a.C., como proban os restos arqueolóxicos de Xericó.
Ao longo da historia, os países desta parte do mundo a miúdo experimentaron os mesmos cambios. Por exemplo, as conquistas do imperio persa, de Alexandre o Grande e do islam. Posteriormente formou parte do imperio otomán e das colonias británicas. Foi o centro espiritual da igrexa ortodoxa, do islam, do xudaísmo, xadidismo, mitraísmo, zoroastrismo, maniqueísmo e a fe bahá'í.
A historia moderna de Oriente Medio comezou despois da primeira guerra mundial, cando o imperio otomán, que se aliou cos vencidos (as potencias centrais), foi dividido en moitas nacións independentes. Outros acontecementos decisivos nesta transformación foron o establecemento do estado de Israel o ano 1948 e o declive das potencias europeas como o Reino Unido e Francia, que foron parcialmente suplantadas en influencia pola nación máis poderosa do momento, os Estados Unidos de América.
No século XX, a considerable reserva de petróleo na rexión conferiulle a zona unha nova importancia estratéxica e económica. A extracción masiva de petróleo comezou ao redor de 1945, en Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Iraq, e nos Emiratos Árabes Unidos .[19] As reservas estratéxicas de petróleo, especialmente en Arabia Saudita e Irán, son das máis grandes do mundo e a OPEP está dominada polos países do Oriente Medio.
Durante a Guerra fría, Oriente Medio foi escenario da loita ideolóxica entre as dúas superpotencias, Estados Unidos e a Unión Soviética, que competían por influencia e aliados. Desde o final da segunda guerra mundial, a rexión tivo períodos de relativa paz e tolerancia, interrompidos con conflitos e guerras como forón a guerra do Golfo, a guerra de Iraq, o conflito árabe-israelí e programa nuclear de Irán.
Economía
A economía de Oriente Medio oscila entre os países máis pobres da rexión, como o Iemen, ás nacións máis desenvolvidas, como Arabia Saudita. En 2007, segundo datos de CIA, mantívose unha taxa de crecemento positiva, xa que contén as maiores reservas de petróleo] do mundo. Os tres países con maior PIB en 2006 son Qatar (36.632 dólares), Emiratos Árabes Unidos (34.109 dólares) e Kuwait (20.886 dólares).
A estrutura económica dos países de Oriente Medio son diferentes no sentido de que mentres algunhas nacións son só dependentes de exportar petróleo e os seus derivados (Arabia Saudita, EAU e Kuwait), outros teñen unha gran base económica (Turquía e Exipto). As actividades económicas de Oriente Medio son: petróleo e os seus derivados, a agricultura, o cultivo de algodón, a industria téxtil, a elaboración de produtos feitos de coiro, fabricación de equipamento bélico (armas, municións, tanques, submarinos, mísiles). A actividade bancaria é tamén un sector importante da economía, especialmente nos EAU e Bahrein. O turismo, coa excepción de Turquía e Exipto, non está explotado completamente. Nos últimos anos, os países comezaron a ter un gran número de turistas, xa que os seus gobernos mellorarón as infraestruturas das cidades, sobre todo en Dubai nos EAU onde os turistas crecen a case 10% anual.
Notas
- ↑ Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "Orient". L'Enciclopèdia (en catalán). Consultado o 5 de outubro do 2015.
- ↑ "Redrawing American Cartographies of Asia" Arquivado 23 de outubro de 1999 en Wayback Machine., artigo de Ella Shohat, City University of New York (en inglés).
- ↑ "The Middle East, in whose world?" Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo de Hassan Hanafi, Nordic Society for Middle Eastern Studies (en inglés).
- ↑ Anderson, Ewan W., William Bayne Fisher (2000): The Middle East: Geography and Geopolitics. Routledge. Páx. 12–13 (en inglés).
- ↑ Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 16.
- ↑ Koppes, C.R. (1976). "Captain Mahan, General Gordon and the origin of the term "Middle East"". Middle East Studies 12: p. 95–98.
- ↑ Melman, Billie. The Cambridge Companion to Travel Writing: 6 The Middle East / Arabia Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Cambridge Collections Online. Retrieved January 8, 2006.
- ↑ Palmer, Michael A. Guardians of the Persian Gulf: A History of America's Expanding Role in the Persian Gulf, 1833-1992. New York: The Free Press, 1992. ISBN 0-02-923843-9 p. 12-13.
- ↑ Laciner, Dr. Sedat. "Is There a Place Called 'the Middle East'? Arquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine.", The Journal of Turkish Weekly, June 2, 2006. Retrieved January 10, 2007.
- ↑ Adelson, Roger. London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922. New Haven: Yale University Press, 1995. ISBN 0-300-06094-7 p. 22-23
- ↑ Adelson, Roger (1995). London and the Invention of the Middle East: Money, Power, and War, 1902-1922.. Yale University Press. ISBN 0-300-06094-7.
- ↑ Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38: p. 665–675.
- ↑ Held, Colbert C. (2000). Middle East Patterns: Places, Peoples, and Politics. Westview Press. p. 7. ISBN 0-8133-8221-1.
- ↑ Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4): 665–675. doi:10.2307/20029452
- ↑ "'Near East' is Mideast, Washington Explains". The New York Times. 1958-08-14. https://select.nytimes.com/gst/abstract.html?res=F70E10FC3D59127A93C6A81783D85F4C8585F9&scp=1&sq='Near%20East'%20is%20Mideast,%20Washington%20Explains&st=cse. Retrieved 2009-01-25
- ↑ Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff (1988). The Middle East: A Geographical Study. David Fulton. p. 19.
- ↑ Sweeney, Jerry J., William R. Walter. Lawrence Livermore National Laboratory, ed. "Preliminary Definition of Geophysical Regions for the Middle East and North Africa" (PDF).
- ↑ NASA (ed.). "ASTER Image Gallery: The Dead Sea". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 14 de abril de 2017.
- ↑ Goldschmidt Jr., Arthur (1999). A Concise History of the Middle East. Westview Press. p. 8.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oriente Medio |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Historia Imperial do Oriente Medio. Animación coa sucesión de conquistadores e Imperios que tomaron Oriente Medio. (en inglés)
- Observatorio de Oriente Medio. Publicación trimestral sobre a actualidade no Oriente Medio. (en castelán)